O HOSPITAL COMARCAL / PÚBLICO DE VALDEORRAS (3)
O DISTRITO SANITARIO DE VALDEORRAS E A SÚA ATENCIÓN SANITARIA PÚBLICA (8)
* Recursos humanos
*
Levamos xa 8 semanas falando da sanidade en xeral, e mais concretamente da sanidade no distrito de Valdeorras. Desas 8 semanas esta é a 3ª semana que imos falar do Hospital de Valdeorras (HPV) e imos entrar nun dos seus aspectos fundamentais: A súa dotación humana. Imos falar de Recursos Humanos
Os recursos humanos son o activo máis importante de calquera organización. Os recursos humanos todos sabemos que son os profesionais desa organización coa súa formación e experiencia mais a súa motivación
Queiramos ou non en sanidade os recursos humanos son escasos e caros de preparar: Unha carreira de Medicina ou Enfermaría son 6 ou 4 anos de Universidade e logo varios máis de especialización ( os que sexan especialistas claro). Cando falamos de medicina e enfermaría é por simplificar, pois hai tamén farmacéuticas, químicos, fisioterapeutas, técnicos especialistas etc... e nós referímonos a todos ao citar eses grupos.
Se dicimos que son recursos escasos temos que pensar que haberá competencia por posuílos, e como sempre o peixe grande comerá ao chico, sobre todo se este peixiño chico fica parado e non é de resposta rápida.
Por se alguén resulta confundido con tanta Área, Eoxi e Distrito Sanitario, e que as Áreas por veces sexan EOXIs e aos Distritos chamémoslles Áreas, imos facer un recordatorio para a nosa provincia e imos ver a serie histórica en Ourense: De partida, eramos 3 hospitais autónomos con orzamentos propios e dotación de persoal propia, con xestión clínico-asistencial e obxectivos propios; cada hospital tiña a súa Área Sanitaria, (ou área de “influencia” no caso de Verín) e respondiamos das nosas listas de espera e da consecución dos nosos obxectivos asistenciais. Tamén había unha xerencia de Atención Primaria que integraba a toda a primaria da provincia Centros de Saúde e PACs , tamén coa súa dirección e orzamentos propios e independentes e obxectivos de xestión e clínico- asistencias propios . Logo, coa idea dunha pretendida mellora da conexión entre primaria e especializada e unha mellor xestión de recursos e necesidades crearon a EOXI: unha estrutura que xestionaba todos os centros asistenciais do Servizo Galego de Saúde no seu ámbito territorial, tanto de primaria como de especializada; e pasamos a ser EOXI, unha estrutura formada polas tres “Áreas sanitarias” con cadanseu hospital máis a estrutura de atención primaria, pero toda a organización estaba xa baixo o control dunha única xerencia, “en teoría” deixaramos de ser autónomos e eramos Áreas con iguais dereitos e obrigas, pero na práctica deixaramos de ser autónomos e dependemos de decisións tomadas en Ourense polas necesidades do CHUO. Máis tarde, como esta figura da EOXI non se adaptaba ben ás denominacións legais fixeron unha nova modificación e as EOXI pasaron a chamarse Áreas e as Áreas a chamarse Distritos; e neso andamos “por agora”).
Calquera de nós está afeito a ver unha especie de guerra epistolar e dialéctica nos medios de comunicación con mensaxes contraditorias sobre o cadro de persoal do HCV e a súa repercusión na actividade clínica. Hai centos de entradas en prensa sobre este asunto.
Para poñernos en situación, deixamos algúns exemplos recollidos da prensa. Está claro que é unha batalla de mensaxes intencionada. Batalla feita para ganar a guerra sanitaria onde o trofeo é un inmenso e enriquecedor negocio a costa da saúde da poboación con menos recursos ou rural (que será practicamente abandonada), e dos recursos do resto da poboación que terá que pagar por acceder a servizos hoxe gratuítos. Nesta guerra a munición son os votos pero a diana somos nós. Con eses votos dispararanse normas e decretos contra a poboación ou a favor dela
-
El BNG critica el 'desmantelamiento' del hospital de Valdeorras
[https://cadenaser.com/emisora/2019/01/05/radio_ourense/1546692690_654681.html]
-
El Hospital Comarcal de Valdeorras responde al BNG: “Garantizamos la asistencia urgente todo el año” (5 xaneiro 2019)
[https://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/1293300/hospital-comarcal-valdeorras-responde-bng-garantizamos-asistencia-urgente-todo-ano]
-
El Hospital Comarcal de Valdeorras incorpora ocho nuevos facultativos.
[https://somoscomarca.es/el-hospital-comarcal-de-valdeorras-incorpora-ocho-nuevos-facultativos/]
-
El Ayuntamiento de O Barco denuncia que "la Sanidad de Valdeorras está en situación crítica"
Los grupos municipales de PSOE, BNG y Riada Cidadá exigen la "visita institucional inmediata" del conselleiro de Sanidade (7 nov.2019) (nota:Para o PP vai todo ben)
[https://www.cope.es/emisoras/galicia/ourense-provincia/ourense/noticias/ayuntamiento-barco-denuncia-que-sanidad-valdeorras-esta-situacion-critica-20191107_54583]
-
El BNG pregunta por los partes de guardia falsos del Hospital
[https://www.laregion.es/articulo/valdeorras/bng-pregunta-partes-guardia-falsos-hospital/20190109211937846883.html]
-
A CIG denunciou o desmantelamento do Hospital Comarcal de Valdeorras
Vilasánchez tamén falou dunha sistemática destrucción do HCV nos seus recursos humanos, “Queremos saber cal é a súa plantilla orzamentada do HCV, cal e a súa plantilla, a xente que traballa no Hospital do Barco. Pois no conseguimos que nos den esos datos porque tras esa negativa ocúltase a destrucción do hospital. (24 sept. 2019)
[https://somoscomarca.es/cig-denunciou-o-desmantelamento-do-hospital-comarcal-valdeorras/]
-
El hospital de O Barco cancela las operaciones no urgentes por falta de cirujanos
Las guardias son cubiertas por especialistas que vienen desde Ourense
[https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/o-barco-de-valdeorras/2019/10/31/hospital-barco-cancela-operaciones-urgentes-falta-cirujanos/0003_201910O31C7992.htm]
Tamén é doado e lóxico pensar que eu formo parte desta batalla e por tanto teño unha intención determinada. E é certo: eu defendo unha sanidade pública, e polo tanto gratuíta para toda a poboación, de calidade e de proximidade. Vaia por diante que eu son dos dese bando, e a organización política onde milito tamén. Nós acusamos os xestores do SERGAS de desmantelar a sanidade do distrito de Valdeorras e polo tanto o seu hospital e eles din que non, incluso din que estamos moito mellor que hai anos, e por riba esta mensaxe repítena unha e outra vez nos seus subvencionados medios de comunicación ( la Coz de la Pifia, El alumbrado de Vigo etc...). Pero, coma sempre nesta sección imos dar datos e opinións; pero imos contrastar datos.
Dá a impresión que grande parte dos males do HCV apareceron coa infausta creación da EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, foi por dicilo así a comezos doutra era. Permitídeme unha brincadeira desas, foi un cambio de era como o paso do período paleozoico ao mesozoico tras as masivas extincións de finais do Pérmico e a aparición dos grandes dinosaurios. Pois aquí tamén: coa extinción dos nosos recursos humanos propios imos cambiar de era; e si, xa hai enormes animais dirixindo a sanidade Ourensá.
Pois ben, antes de ser parte da EOXI nós tiñamos un cadro de persoal propio e perfectamente cuantificable e orzamentado. Bastaba buscar pola internet os orzamentos da comunidade autónoma galega do ano en cuestión, e alí no capítulo de persoal do Sergas aparecía o cadro de persoal do HCV. A última vez que soubemos del de forma tan nítida foi no ano 2011, despois perdeuse entre a maraña interesada dunha globalidade que xa non permite recoñecer como está o centro en cuestión de recursos humanos. Agora aparece o conxunto de persoal da Área Sanitaria e xa non sabes cales deses profesionais teñen a súa praza no HCV ou a teñen noutro centro. E vedes que subliño o de maraña interesada, xa explicarei por que.
Imos facer unha táboa cos recursos humanos orzamentados no 2011 para o HCV. Hai case 10 anos. ( datos reais para gardar, penso que son os últimos publicados como hospital “autónomo”)
|
Denominación |
Grupo |
Número de persoas |
|
|
Director Xerente |
A1 |
1 |
Persoal directivo |
|
Director Médico |
A1 |
1 |
|
|
Directora de Xestión |
A1 |
1 |
|
|
Directora de enfermaría |
A2 |
1 |
|
|
|
|
|
|
|
Grupo técnico da función administrativa |
A1 |
3 |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
|
Xefe de sección subgrupo |
A2 |
1 |
|
|
Traballador social |
A2 |
1 |
|
|
Enxeñeiro Técnico |
A2 |
1 |
|
|
Grupo xestión función administrativa A2 |
A2 |
1 |
|
|
TCO. Xestion de sistemas e tecnoloxía |
A2 |
2 |
|
|
Xefe /a grupo-Subgrupo C1 |
C1 |
3 |
|
|
Cociñeiro |
C1 |
4 |
|
|
Xefe/a de taller |
C1 |
1 |
|
|
Xefe de persoal subalterno |
C2 |
1 |
|
|
Encargado de equipo persoal de oficios |
C2 |
1 |
|
|
Albanel |
C2 |
1 |
|
|
Grupo auxiliar da función administrativa EQ |
C2 |
29 |
Persoal estatutario de xestión e servizos |
|
Calefactor/a |
C2 |
3 |
|
|
Condutor de instalacións |
C2 |
9 |
|
|
Costureiro/a |
C2 |
2 |
|
|
Electricista |
C2 |
3 |
|
|
Mecánico |
C2 |
1 |
|
|
Telefonista |
C2 |
3 |
|
|
Encargado de quenda de celadores |
|
2 |
|
|
Pinche |
|
13 |
|
|
Pasadora de ferro |
|
3 |
|
|
Celador/a At. Directa ao enfermo |
|
24 |
|
|
Celador/a quirófano |
|
9 |
|
|
|
|
|
|
|
Capelán a media xornada |
|
1 |
Persoal relixioso |
|
|
|
|
|
|
Supervisor/a de unidade |
A2 |
8 |
Persoal sanitario non facultativo |
|
Matrona |
A2 |
7 |
|
|
Enfermeiro/o de servizos centrais |
A2 |
18 |
|
|
Enfermeiro/a de Unidade hospitalización |
A2 |
67 |
|
|
Fisioterapeuta |
A2 |
6 |
|
|
Técnico Especialista |
C1 |
23 |
|
|
Coordinador/a técnicos especialistas |
C1 |
1 |
|
|
Técnico en coidados auxiliares e enfermaría |
C2 |
61 |
|
|
Técnico en coidados auxiliares de enfermaría SSCC |
C2 |
18 |
|
|
Coordinador/a Técnico en coidados auxiliares de enf. |
C2 |
1 |
|
|
|
|
|
|
|
Coordinador de Admisión |
A1 |
1 |
Persoal sanitario facultativo |
|
Coordinador de urxencias |
A1 |
1 |
|
|
Xefe/a de servizo con CE |
A1 |
2 |
|
|
Xefe/a da unidade de urxencias |
A1 |
1 |
|
|
Xefe de sección con CE |
A1 |
6 |
|
|
Adxunto especialista de área sen CE |
A1 |
38 |
|
|
Adxunto especialista de área sen CE |
A1 |
3 |
|
|
Medico de urxencias hospitalarias |
A1 |
9 |
|
|
Médico de admisión e documentación clínica |
A1 |
1 |
Resumindo por totais
|
Persoal directivo |
4 |
|
Persoal estatutario de xestión e servizos |
124 |
|
Persoal relixioso |
1 |
|
Persoal sanitario non facultativo |
210 |
|
Persoal sanitario facultativo |
62 |
|
TOTAL DE CADRO DE PERSOAL |
401 |
Iso é o persoal orzamentado, o cadro básico de persoas do HCV pero ademais tiña contratada a limpeza e seguridade a empresas externas. E a dirección de enfermaría tiña contratadas con contratos de acumulo de tarefas a servizos determinados (por non estar orzamentados) de forma permanente a
|
Enfermeiras/os |
5 |
|
Técnicos/as en coidados auxiliares de enf |
1 |
|
Fisioterapeutas |
1 |
|
Técnicos/as especialistas |
2 |
|
|
|
Con esa dotación de persoal o HCV mantiña unha actividade maior que a de agora e o seu peso medio era indudabelmente maior (polo sentir xeral dos profesionais xa que se nos ocultan os datos).
Nós para saber como está o hospital en cuestión de recursos humanos e cal é a política desenvolvida cara el precisamos datos, e se ben podemos chegar a resultados cun simple conteo de profesionais, precisamos datos oficiais de orzamentos para chegar a conclusións e facer predicións. E a mellor forma loxicamente será pedirllos a quen ten a obriga de coñecelos e ademais facilitalos ás organizacións sindicais.
Entón a cousa e simple: pedimos con rexistro de entrada a dotación orzamentada do HCV e cando nos respondan investigamos varias cousas:
-
Se hai máis o menos profesionais orzamentados.
-
Se están cubertas tódalas prazas orzamentadas.
-
De non estar cubertas cal é a causa?
-
De estar cubertas, se están todas traballando no HCV ou se teñen os/as profesionais por outros hospitais en comisión de servizo, etc, mentres o HCV pasa penurias e non pode ter unha axeitada actividade asistencial.
-
Hai prazas reservadas para persoas con discapacidade física ou intelectual.
Pois nada, este delegado sindical (que tamén o son) fai esa pregunta a través do escrito achegado máis abaixo e que como vedes xa vai subliñado e con certo retintín polas desculpas que presentan unha e outra vez con tal de non entregar os datos de cadro de persoal do HCV: entre esas desculpas figuran a de non entenderen ben a pregunta (que si entenden si, o que pasa é que a resposta pode ter consecuencias) e a de que agora non hai cadro de persoal de tal ou cal hospital, somos todos da EOXI. Déixovos a demostración de que preguntamos polo cadro de persoal en múltiples ocasións (este escrito era por persoal sanitario, pero fanse polo non sanitario tamén), e seguimos o martes que vén.
Una aperta. Aínda que sei que esta entrega non é moi interesante para o que non e profesional sanitario, son datos que temos que controlar para saber cando nos están mentindo nas declaracións políticas os xestores do SERGAS.
