Na sesión plenaria do 8 de maio, a Corporación municipal do Barco centrou a orde do día en diversas mocións dos grupos políticos, xunto cun ditame sobre recoñecemento extraxudicial de crédito e indemnizacións por servizo.
Un dos puntos máis destacados foi a moción do BNG solicitando o mantemento do Salgueiral (acceso aqui https://tinyurl.com/mocionsalgueiral )e da marxe dereita do río Sil, ante o seu evidente deterioro: merendeiros en mal estado, lixo acumulado e zonas inutilizables. A proposta contou co apoio do PP, pero foi rexeitada polos votos en contra do PSOE, que defendeu que estas actuacións xa están contempladas nun proxecto conxunto coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil. O edil nacionalista Xavier Rocha enfatizou que o mantemento debería existir independentemente de que se poida facer ou non un proxecto novo no futuro.
Sí se aprobou por unanimidade outra moción do BNG sobre os riscos para os animais domésticos e gandeiros pola aplicación do Real Decreto 666/2023.
Finalmente, tamén saíu adiante, con abstención do PP, a proposta do PSOE para a creación dunha unidade especializada en enfermidades pulmonares ocupacionais no Hospital Público de Valdeorras, coa suma dos votos do propio grupo e do BNG. O edil nacionalista Manuel Agra xustificou o voto a favor polo apoio que o BNG sempre deu a Asilival e a todas as propostas relacionadas coa creación da unidade de silicose.