O BNG do Barco levou ao pleno do 7 de maio unha moción para promover o municipio como concello piloto na implantación da Intelixencia Artificial (IA) na administración local. No BNG defendemos que a transformación dixital debe chegar tamén aos concellos rurais, garantindo igualdade de oportunidades no acceso aos servizos públicos.
A proposta destaca que ferramentas baseadas en IA poden mellorar a atención á cidadanía, simplificar trámites administrativos, optimizar recursos municipais e reforzar servizos sensibles como a atención ás persoas maiores. Ademais, o BNG considera que o Barco podería converterse nun referente de innovación pública no ámbito rural a través da participación en proxectos piloto impulsados pola Xunta e a FEGAMP.
A moción tamén subliña a necesidade de garantir un uso ético e seguro da IA, con especial atención á protección de datos, á transparencia dos procesos e á supervisión humana das decisións automatizadas.
Entre os acordos propostos inclúense instar á Xunta de Galicia a desenvolver programas específicos para a implantación da IA nos concellos rurais, solicitar financiamento para ferramentas de atención cidadá e formación do persoal municipal, e impulsar no Barco unha experiencia piloto centrada na mellora da atención veciñal e na simplificación administrativa.
A moción foi apoiada polo PP pero rechazada polo Psoe ao considerar que era demasiado pronto. O concelleiro do BNG Xavier Rocha respondía que xa é algo que se implanta na empresa privada e que a administración pública vai tarde neste tema.
A sesión pódese ver na seguinte ligazón
https://www.youtube.com/live/DbyNfNXKsXk?si=bHRSEKKklc1DEd46