BNG O BARCO

O PSOE veta a creación dun festival de arte e música urbana no Barco

zona-graffiti
zona-grafitti
6/12/2025 O PSOE rexeitou a proposta do BNG para crear un festival de arte e música urbana no Barco, malia o apoio do PP. O BNG defendía iniciar un evento pequeno na contorna do Sil que puidese medrar co tempo.
O PSOE veta a creación dun festival de arte e música urbana no Barco

O Barco non contará, polo de agora, cun festival de arte e música urbana. A proposta presentada polo BNG no pleno do 4 de decembro foi rexeitada polos 8 concelleiros do PSOE, fronte aos 6 votos favorables de PP e BNG.

A iniciativa, defendida polo concelleiro nacionalista  Xavier Rocha, plantexaba crear un evento cultural na contorna do Sil, pensado para todas as idades, con actividades como concertos de música hip hop, punk, nu-metal ou urbana, DJ’s, obradoiros de graffiti e tatuaxe, concursos amateur de skate, BMX e baloncesto 3×3.

Rocha destacaba que a primeira edición sería modesta, con vocación de medrar nos vindeiros anos ata poder ser asumida por unha organización especializada, como acontece noutros festivais consolidados.

O PP amosou o seu apoio á iniciativa, valorando positivamente tanto a idea xeral como propostas concretas como o graffiti. Sobre o BMX, sinalaron que en formato amateur podería estudarse a súa viabilidade.

Pola contra, o grupo socialista rexeitou a proposta. A concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, afirmou que organizar un evento destas características suporía un volume de traballo e recursos “enorme” para o Concello, e indicou que só considerarían a idea se fose promovida por asociacións ou empresas privadas. Defendeu ademais que “no Barco xa hai unha ampla oferta cultural” e que “o que falta é participación”.

O noso concelleiro replicou que non existe ningún evento deste tipo en todo Valdeorras e hai unha falta de actividade na contorna do río nos meses de verán.

Desde o BNG, insistimos en que é importante a existencia de actividade cultural no Barco que abranga a xente de toda-las idades, e ao mellor aproveitamente da beira do Sil.

O PSOE veta a creación dun festival de arte e música urbana no Barco