O DISTRITO SANITARIO DE VALDEORRAS E A SÚA ATENCION SANITARIA (1)

O autor, Suso Vilasánchez
* Comezamos con este unha serie de artigos asinados polo portavoz municipal do BNG no Concello do Barco e traballador da SERGAS Suso Vilasánchez.
 
* Pretendemos con esta serie explicarlle aos nosos lectores a realidade sanitaria en xeral, e do Distrito Sanitario de #Valdeorras en particular.

ORIXE PRIMARIA DOS SISTEMAS PÚBLICOS DE SAUDE

Todos temos berrado moito iso de que a saúde é un dereito e non un negocio, mais poucos temos pensado na causa de por que se crearon os sistemas públicos de saúde. Non é doado pensar que fose “El Rey” nun momento de amor polos seus súbditos o que decidira implantar un sistema deste estilo. Nun primeiro momento a implantación deste tipo de sistemas está ligada á necesidade de obter dispoñibilidade de forza de traballo, e dicir traballadores sans. Permitídeme citar textualmente parágrafos moi clarificadores de Vicente Ortún Rubio (tódalas citas irán entrecomilladas e en cursiva, mais como nin este nin os seguintes son textos académicos non levaran subíndices con referenzas bibliográficas): “sobre una población limitada y enferma no puede construirse un desarrollo económico sostenido, condición a su vez necesaria para la mejora del estado de salud” ....”esta visión actual del gasto sanitario en bastantes países subdesarrollados es coherente con el enfoque clásico de los países desarrollados que consideraba el gasto en sanidad como inversión productiva. Era una inversión productiva ya que aumentaba la productividad del factor trabajo puesto que la enfermedad impone costes económicos al reducir la disponibilidad de fuerza de trabajo...” “conviene recordar que cuando Bismarck introduce, en 1881, la seguridad social, pretendía tanto aplacar a los socialistas como alcanzar la potencia industrial de Inglaterra y Francia. El canciller prusiano había observado que a los trabajadores les faltaban recursos para pagar servicios médicos que les permitiesen acortar su convalecencia y disminuir así su absentismo laboral”.

A dura realidade dos orixes destes sistemas de saúde parece estar na necesidade de manter a capacidade produtiva dos obreiros ( ao igual que as vacas das producións lácteas son atendidas por veterinarios), e unha vez vistas as vantaxes deste tipo de asistencia sanitaria os movementos socialistas e sindicais exixiron e pelexaron pola implantación da asistencia sanitaria como un dereito da poboación. Mais ollo: estamos a falar da faceta de CURAR para recuperar a forza de traballo, pero Ortún Rubio, e calquera persoa que o teña pensado, distingue perfectamente o curar do coidar: cúrase a un obreiro para recuperar a súa forza de traballo, coidase a un ancián que é poboación non activa que nunca voltará a ser activa laboralmente.

Dito isto, se lle preguntamos á xeralidade das persoas cal é a función dun sistema sanitario público, un bo numero delas dirá que curarnos cando estamos enfermos, o que sen deixar de ser verdade e sobre todo unha inducida mentira, pois a curación das enfermidades é só unha parte da actividade dos sistemas sanitarios. A parte de onde as multinacionais sanitarias poden sacar os grandes beneficios

Parece claro que o fin dun sistema sanitario público é o acadar que a poboación en xeral e cada persoa en particular manteña o máximo nivel de saúde que sexa posíbel; e isto conséguese actuando sobre as xentes en particular e sobre a colectividade en xeral dende antes de nacer (atención prenatal) ate despois de morrer (actuacións post morten de ser precisas)

A atención sanitaria ten por tanto varias fases: unha fase de actuación preventiva: impedir a enfermidade (que básica pero non exclusivamente depende da atención primaria); unha fase de actuación curativa se non fomos capaces de impedir a enfermidade; unha fase rehabilitadora: conseguir que as persoas queden coas menores limitacións posibles se non fomos capaces de acadar a curación completa; unha fase fase paliativa: de quedarmos con secuelas que debamos paliar (diminuír unha dor crónica invalidante por exemplo), e unha fase de coidados terminais: intentar que a persoa morra coa maior dignidade e placidez posíbel.

Así pois, a actuación dun sistema sanitario publico pode dividirse en varias fases: preventiva, curativa, rehabilitadora, paliativa e terminal. Certo é que non sempre é un proceso lineal nin todas as etapas adoitan estar ben definidas, nin ser obrigatorias

Postos xa en camiño e tendo en conta de que a estrela nestas etapas é a etapa curativa, dámonos conta de que calquera ataque ás outras fases pasará doadamente desapercibido, e que hoxe en día sufrimos un proceso de desmantelamento da sanidade pública, un plan deseñado da seguinte forma: diminuímos a inversión en fases preventiva, rehabilitadora, paliativa e terminal, e privatizamos a curativa ( pagándolle ás empresas privadas o que elas pidan por actuacións que na pública serían mais baratas), e ademais presumimos do incremento do gasto sanitario diante dun electorado maiormente confundido polos medios de comunicación afíns ao goberno (gasto a maioría das veces ineficazmente realizado).

O DISTRITO SANITARIO DE VALDEORRAS E AS SÚAS t

O noso distrito sanitario está formado por varios concellos (un destes concellos, Vilariño de Conso é un concello con atención compartida entre os distritos de Verín e Valdeorras). E unha poboación aproximada de 32373 habitantes, espallados por 1685 Km cadrados


 

CONCELLO

Km Cadrados

Habitantes

<18 anos

Entre18-65 anos

>65 anos

O Barco

85.7

13395

1967

8760

2668

A Rúa

35,9

4314

480

2585

1249

Viana

256.3

2886

264

1482

1140

Trives

84.17

2067

189

1148

730

Vilamartín de V

88.3

1790

135

993

662

Carballeda

222,7

1545

114

945

486

Rubiá

100.7

1393

99

729

565

A Veiga

290,5

889

44

462

383

O Bolo

91.17

884

42

401

441

Manzaneda

114,59

870

51

442

377

Petín

30.5

861

75

533

253

San Xoán de Río

61.1

531

17

254

260

Vilariño de Conso

200.23

519

28

303

188

Larouco

23,7

429

26

199

204

  • Datos obtidos de internet “Foro Ciudad” en base a censos de 2018 e 2019


 

INDIVIDUOS E TIS NO DISTRITO

unha TIS e unha Tarxecta Individual Sanitaria, (esa tarxectiña plástica que todos temos) hai por tanto unha correspondencia entre as TIS e as persoas censadas no distrito sanitario, e aparte da súa relación coa función asistencial ten tamén unha función estatística e de xestión

Todos nós sabemos que as características socioeconómicas e demográficas destes concellos non se parecen en nada. Casos como por exemplo O Barco con 13395 habitantes en 85.7 km cadrados que ten un Centro de Saúde con atención de maña e tarde: medicina de familia, enfermaría, fisioterapia, odontoloxía, farmacia, traballo social, e pediatría; un PAC, un Hospital público, e medicina privada, non son comparábels a casos como A Veiga con 889 habitantes en 290.5 km cadrados cun Centro de Saúde unipersoal, e dicir, cun so médico, un so enfermeiro e un PSX en quenda de mañás en días laborábels, e sen PAC presencial senón só gardas localizadas por considerarse unha Zona Especial de Urxencias (ZEU); nin con Vilariño de Conso con 519 habitantes en 200,23 km cadrados, cun centro Saúde tamén unipersoal pero que xa nin ten persoal administrativo e o seu PAC presencial está en Viana.

Sendo todos do mesmo distrito, non é o mesmo que che pase algo no Barco ou na Rúa a que che pase en Pradoalbar (Vilariño), en Pradorramisquedo (Viana), ou en Xares ( A veiga). Mais a realidade e que somos poucos e o discurso dos xestores do PP e un discurso cambiante segundo lle interesa, e neste caso de dotación de recursos humanos interésoulle para recortar dotación falar de TIS. Lembrémonos de casos como o da Veiga, O Bolo ou Rubiá, que nos últimos tempos perderon cadansúa praza de médico porque as súas TIS eran poucas segundo os xestores, e non xustificaban o segundo médico, que non foi reposto trala xubilación ou traslado dos anteriores ( o número óptimo de TIS por médico, segundo autores, difire entre 1300 e 1500,), e lembremos a Vilamartín, onde a protesta veciñal, a recollida de sinaturas e a mobilización política evitou que se perdera un unha praza de médico; porque non nos esquezamos que pese a ter 1790 TIS aproximadamente, pretendían quitarlle unha praza de médico. Está claro pois que a estes xestores actuais, nin o paciente como individualidade nin as súas características socioeconómicas nin o rural nin o país lles importa moito, so son sensíbels a unha xestión economicista que retraia recursos da estrutura pública para entregalos na privada e que se ocupa principalmente da fase curativa.

Son economicistas que adaptan o seu discurso aos seus intereses sen importarlles a realidade dos distritos e que non analizan as TIS polo seu consumo previsíbel de recursos senón só polo número absoluto. E existe unha boa diferencia porque non tódalas TIS consumen o mesmo tempo de profesionais e os mesmos recursos nin sequera nunha poboación urbana coma O Barco. Non é o mesmo o uso dos recursos sanitarios que fai un mozo de 20 anos que o que fai un ancián de 80 , de feito existen táboas de consumo de recursos sanitarios (tempo de profesionais e recursos materiais) que veñen a indicar a media de consumo de recursos na poboación tomando como normal o promedio de consumo de recursos da poboación entre 7 e 64 anos (1N) ; pois ben: unha persoa menor de 1 ano ou maior de 75 consume 5 veces eses recursos (5N)


 

 

TABOA DE CONSUMOS DE RECURSOS SANITARIOS POR TRAMOS DE IDADE ( N=VALOR DE REFERENZA)

Menor de 1 ano

5N

Entre 1 e 2 anos

3N

Entre 3 e 6 anos

1,5 N

Entre 7 e 64 anos

1N

Entre 65 e 74 anos

2N

Maior de 75 anos

4N

Menos de 65 anos pero xa pensionista

2N

 

 

 

 


 

Visto isto temos xa cuantificado o que xa sabiamos por impresións subxectivas: que da igual ter un cupo de 1600 TIS de poboación entre 7 e 64 anos que telo de 400 TIS de 80 anos, canto mais envellecida esta unha poboación mais tempo e recursos sanitarios consume. E certo que desto nos deramos conta todos, pero hai que ter datos matemáticos e ises son os datos e a partires deles discutiremos, e ademais engadírémoslles unha análise dos determinantes sociais para ter unha idea do entorno onde nos movemos.

Imos poñer un exemplo de axustes de TIS nun concello pequeno segundo datos censais do 2018, e imos usar O Bolo (onde perderon unha praza de médico) metendo a poboación pediátrica toda como maior de 7 anos pola dificultade que presenta saber os tramos de idade nunha busca por internet. De entrada nos daría un total de TIS de 884, pero analizando o consumo de recursos sanitarios segundo tramos sería 432 TIS de tramo de 7 a 64 (432N) máis 152 TIS de 65 a 74 anos (304N) máis 300 TIS de mais de 75 anos sexa (1200N); polo tanto o consumo de recursos de O Bolo non pode ser valorado por 884 TIS como 884N senón por 1936N, e aí para unha atención óptima necesitas 2 médicos como había ate vai pouco; pero cada un fala da feira segundo lle vai nela, e por agora so estamos na introdución da análise do distrito sanitario e a súa deriva, queda moito por falar: dos determinantes socias , de cada unha das fases da atención sanitaria, da primaria, e como se falsean as listas de espera, de pandemias, do hospital do Barco, dos novos modelos e enfermar .....

Hai varias cousas que non por sabidas deixa de ser necesario lembrar, unha delas é que a atención sanitaria é unha grandísima oportunidade de enriquecemento para as industrias farmacéuticas ou de tecnoloxía sanitaria, outra delas é que a sanidade pública está a sufrir un devastador ataque por parte do actual goberno da Xunta de Galicia e por último que mais vale previr que curar. E outra cousa para non esquecer: quedamos citados para a seguinte entrega nos próximos días onde analizaremos a estrutura e determinantes sociais da nosa área.