Sanidade pública de calidade
Queremos mamografías no Hospital Público de Valdeorras
13 de xuño de 2025 (22:00 h.)
Dende o BNG denunciamos a derivación das mulleres do noso distrito sanitario para realizar as mamografías, unha proba que dura menos de 15 min e que obrigan ás mulleres a facer centos de km até o CHUO para realizar dita proba. Alén diso temos unha comarca desmantelada nos transportes públicos, polo que para o BNG é unha clara forma de violencia sanitaria máis contra as mulleres da nosa comarca.
O desmantelamento dos servizos sanitarios no Hospital Público de Valdeorras por parte da Xunta do Partido Popular vai imparábel.
Atoparamnos sempre afronte na defensa das mulleres e da sanidade pública.