O pleno do Concello do Barco aproba por unanimidade as mocións do BNG
A primeira moción, defendida polo concelleiro do BNG Manuel Agra, instaba ao Concello a reafirmar o seu compromiso coa normalización do galego, garantindo que a veciñanza poida usalo sen discriminación, ante a situación de emerxencia lingüística. Ademais, solicita a revisión da política lingüística municipal para axustala ao marco legal vixente e reforzar o seu uso nas comunicacións institucionais. Tamén propón a adhesión do Concello á plataforma Queremos Galego e o apoio ás súas iniciativas, así como trasladar o acordo ao Parlamento de Galiza e á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Ligazón: bnglingua
A segunda moción, defendida polo concelleiro do BNG Xavier Rocha centraba nas infraestruturas parte do debate plenario. A moción insta a ADIF a que licite as obras de mellora do tramo ferroviario Monforte-Ponferrada, para que isto permitiría reducir os tempos de viaxe e mellorar a frecuencia dos trens. Ligazón: bngadif