O pleno do Concello aproba a moción do BNG sobre a ambulancia de soporte vitalizado

agra-pleno
10/04/2026 O pleno do Concello do Barco aprobou por unanimidade unha moción do BNG para reclamar á Xunta a inclusión dunha ambulancia de soporte vital avanzado

O pleno do Concello do Barco aprobou por unanimidade unha moción do BNG para reclamar á Xunta a inclusión dunha ambulancia de soporte vital avanzado (medicalizada ou de enfermaría) no novo concurso de transporte sanitario para Valdeorras, denunciando a discriminación do distrito fronte a outras áreas que si contan con este recurso esencial en situacións de urxencia.

A iniciativa contou co apoio de todos os grupos, que coincidiron en sinalar que se trata dunha necesidade prioritaria e non dunha cuestión política, destacando a importancia do tempo de resposta nas emerxencias sanitarias. O BNG tivo que desmentir a postura do PP de que xa había ambulancias de soporte vital.

Na mesma sesión tamén se aprobou por unanimidade unha moción do PSOE para incorporar a perspectiva de xénero nas políticas de saúde en Galicia e mellorar a atención ás mulleres, mentres que foi rexeitada a proposta do PP para crear un museo dedicado ao pintor Jesús Díaz Ferrer.