O BNG presenta unha proposición para a creación da unidade da silicose
O BNG presentou á Mesa do Parlamento galego unha proposición non de lei para o seu debate en pleno sobre a creación dunha unidade especializada na diagnose e tratamento da silicose en Valdeorras.
No texto da proposición, instamos á Xunta de Galiza a poñer en marcha dun xeito inmediato unha campaña de control das condicións de traballo e de cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais no sector da industria da pedra e do mármore: explotacións mineiras de diferentes tipos de pedra (louxa, granito, etc); e empresas de tratamento e fabricación, así como a constituír no SERGAS unha unidade especializada na diagnose e tratamento desta enfermidade, localizada na área sanitaria de Valdeorras, que sirva de centro de referencia para toda Galiza.
Para o BNG do Barco é chave que a unidade especializada se situe na área sanitaria de Valdeorras umha das comarcas com mais casos de silicose de todo o país, e umha demanda veciñal de fai anos.