Novas pistas de tenis no Barco

O BNG do Barco presenta unha moción para a creación dunhas pistas de tenis

somos_comarca_tenis

1/10/2024 

No pleno de outubro do Barco levamos unha moción para construír dúas novas pistas de tenis, unha delas cuberta. Propoñemos como posibles ubicacións o campiño de Viloira, o polígono de A Raña ou os terreos anexos ao Mercadona. Ademais, pedimos que o acceso ás instalacións poida xestionarse mediante o teléfono móbil. Van máis de 20 anos desde que o concello do Barco creou a única pista de tenis practicable. Consideramos que estamos moi por detrás de outras localidades de Valdeorras con moita menos poboación.

Pódese ler a moción aquí:

Moción_pistas