Pais e nais esixen pediatras para Valdeorras

o BNG apoia todas as reivindicacións ante todas as administracións e ante todos os estamentos, e dos pais e  nais que esixen pediatras para o C.S. O Barco.

valdeorras_sanidade

O noso parlamentario galego Secundino Fernandez ( @secundinofdez ) vén de dar unha rolda de prensa no Barco onde clarificou que o BNG apoia e apoiará todas as reivindicacións ante todas as administracións e ante todos os estamentos, e dos pais e  nais que esixen pediatras para o C.S. O Barco.


"No caso do Distrito do Barco a situación complícase pola gran distancia que existe coa capital da provincia de Ourense. Por iso dende o BNG imos defender especialmente ante a administración da Xunta que se cubran as prazas de Pediatría no Centro de Saúde do Barco”.


O noso concelleiro Manuel Agra tamén aludía a un texto incluído no proxecto da Axenda Urbana do Barco, que recollía a necesidade de que “o hospital de Valdeorras recuperara os servizos”, e puxo en valor o feito de que fose a cidadanía quen tomase a iniciativa.